06 enero 2012

A tódolos Clubs "CORRE E NADA"

A Tódolos clubs galegos “Nada e Corre” Recordamos que o próximo dia 14, comezamos coa 1ª proba de Nada e Corre para as categorías menores (federados ou con ficha escolar de bíatlon)-benxamín, alevín, infantil e cadete masculino e feminino.
A proba primeira é en Maside, Ourense e comezará ás 15:30 h. co quecemento na piscina. Para anotarse, hai que facelo na Federación (por correo electrónico ou fax, ata o día 11 de xaneiro, e lembrade que se deben poñer os tempos de natación dos/das rapaces, ou senón irán sempre á serie máis lenta. 
Tamén recordarvos que ese día mércores (ás 20h) remata o prazo para solicitar transporte para esta primeira proba (o custe cóbreo a Federación). 
A piscina de Maside (moi preto do Centro de Carballiño) está na rúa A (CORZOS-AMARANTE), S/N 32572 - MASIDE OURENSE

No hay comentarios: