04 diciembre 2010

XI Carreira Popular Expourense-Megaxove

Los de la escuela que estéis libres este puente podéis ir a esta carrera, participan bastantes niños y no está mal, yo iré.  Además siempre podéis aprovechar alguna de las actividades que hacen dentro en Expourense:

A XIª Edición da Carreira Popular Expourense-Megaxove, organizada polo Clube Ourense Atletismo Academia Postal co patrocinio do Consello Municipal de Deportes-Concello de Ourense, da Secretaría Xeral para o Deportes da Xunta de Galicia e de Expourense, contando co permiso da Federación Galega de Atletismo, disputarase o próximo Mércores, día 8 de decembro de 2010 a partires das 11:15 horas, nas inmediacións dos recintos de Expourense e do Pazo dos Deportes "Paco Paz" na cidade de Ourense.
A proba estará controlada  polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Ourense).
As inscricións poderanse realizar ata as 20:00 horas do luns día 6 decembro, non admitindose inscricións despois de dito prazo, nin no mesmo día da carreira.
A inscrición para as categorías con chip formalizarase a través dun formulario específico a cubrir na páxina web de www.championchipnorte.com.
O resto de categorías (cativos e benxamín) formalizarán a súa inscrición a través da dirección de correo club@ourenseatletismo.com.
Os dorsais e chips serán entregados o mesmo día da proba, desde as 10:00 horas da mañá e ata 30 minutos antes do comezo de cada carreira.

Establécense as seguintes categorías:
Cativos ............................................ nad@s en 2004 e con posterioridade
Benxamín ....................................... nad@s en 2002 e 2003
Alevín ............................................. nad@s en 2000 e 2001
Infantil ............................................ nad@s en 1998 e 1999
Cadete ............................................ nad@s en 1996 e 1997
Xuvenil ............................................ nad@s en 1994 e 1995
Iúnior .............................................. nad@s en 1992 e 1993
Promesa – Sénior ........................... nad@s entre 1976 e 1991
Veteráns A (homes e mulleres) ...... nad@s entre 1966 e 1975
Veteráns B Homes .......................... nados entre 1956 e 1965
Veteráns C Homes .......................... nados en 1955 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres ....................... nadas en 1965 e con anterioridade

Horario das probas, percorrido e distancias aproximadas:

11:15 . Alevín – Infantil mulleres ............ 1 volta G ........... 1.200 m.
11:25 . Alevín – Infantil homes ........... 1 volta P + 1 volta G ... 2.050 m.
11:40 . Cadete – Xuvenil mulleres .......... 1 volta P + 1 volta G .... 2.050 m.
11:55 . Cadete – Xuvenil homes ..............3 voltas G ............... 3.600 m.
12:20 . Iúnior‐Promesa‐Sénior‐Veteráns .... 5 voltas G .............. 6.000 m.
12:55 . Benxamín Mixto ....................... 1 volta P ............... 850 m.
13:05 . Cativos ................... Mini volta .................. 300 m.

No hay comentarios: