29 junio 2010

CONCENTRACIÓN CATEGORÍAS INFANTIL (2º) E CADETE

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN NO CGTD INFANTIS 2º ANO E CADETES
(Os/as rapaces/as deberán estar federados, cando menos con seguro escolar)

A próxima semana realizarase unha concentración para rapaces/as de 2º ano en categoría infantil e cadetes. A concentración levarase a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, desde o luns, día 5 ó venres día 9.
Os deportistas permanecerán no Centro en réxime de pensión completa.

INCORPORACIÓN: Luns día 5, ás 10:00 horas
SAÍDA: Venres día 9

INSCRICIÓN: Ata o xoves 1 de xullo. GRATUÍTA

No hay comentarios: