10 diciembre 2009

CONCENTRACIÓN XOVES TRIATLETAS E PENTATLETAS, NADAL 2009

Cumprindo o falado na última Asemblea Xeral, haberá unha concentración de dous días completos neste mes. Será nos Ancares (Lugo) nun albergue.
A entrada será o día 28 a xantar e a saída será o 30 despois de xantar.
O punto de encontro dos rapaces, será en Lugo, cidade, no Pavillón Municipal de Frigsa (Av. Da Duquesa Infanta Elena), ás 11:00 horas. Dende este punto sairán en autobús rumbo ós Ancares.
Á volta, recolleranse os cativos neste mesmo pavillón, ás 17:30 horas (do día 30).
Os rapaces teñen que levar roupa de correr e roupa de abrigo (se teñen botas de montaña, mellor).
O custe por cativo/a é de 38,00€/día en P.C.
A Federación sufraga unha parte de algo máis do 50%, polo que cada cativo pagará un total de 30,00€ (dos 76,00€ que custa os dous días).
Como queira que non sabemos da aceptación desta iniciativa, non fariamos a concentración se hai menos de 15 cativos/as.
Hoxe, inicio da anotación e remata o 18/12/09 ás 12:00 horas.

No hay comentarios: