02 marzo 2009

Como clasificarse no Cpto Galego de duatlón/triatlón

No campionato galego de Duatlón/Triatlón só haberá unha competición élite na que se fará clasificación absoluta e sub-23.

Para clasificarse para este campionato é necesario clasificarse nunha das probas do circuíto participando na carreira elite.

En cada proba clasificaranse 14 duatletas/triatletas e os xa clasificados nas anteriores non restan postos (si participan triatletas xa clasificados en algunha proba anterior, correranse os postos, ex. si entre os 14 primeiros clasificados da carreira de Lugo- 2ª proba do circuíto, están os 10 primeiros clasificados da carreira de Guitiriz-1ª proba do circuíto; neste caso clasificaríanse ata os duatletas que entraran ata o posto 24)

A clasificación de categorías cadete, xunior e veteranos desputase só nas probas do circuíto, puntuan as tres mellores probas de cada triatleta, segundo a táboa publicada na normativa de circuíto. Si un triatleta/duatleta participa na carreira elite nunha proba, nesa proba renuncia a clasificación de categoría é dicir sumaría nesa proba 200 puntos para a clasificación de categoría coma si non tivese participado.

No hay comentarios: