10 enero 2009

X Gala do Triatlon Galego 2008

Estimados amigos:

Pola presente comunícovos que o próximo 31 de xaneiro de 2009, se celebrará a "X Gala do Tríatlon 2008" en Carballiño.
A Gala celebrarase ás 14:30 horas no mesmo restaurante que se realizará pola Mañán a Asemblea Xeral Ordinaria 2009:

RESTAURANTE O POTE
Avd. Vigo. Parque Municipal
O Carballiño

Nos próximos días chegaravos a cada club unha invitación da Federación para a Gala, poderá ser utilizada polo presidente ou persoa en quen delegue.
O resto de asistentes e acompañantes deberán aboar á Federación previamente, coma tódolos anos, unha parte do importe da comida (20€). A asistencia deberá comunicarse á Federación antes do Luns día 26 de xaneiro.

Así mesmo seralles enviada invitación ó evento:
Ós tres primeiros clasificados, masculino e feminino do Circuíto do Cpto Galego de Tríatlon de Estrada así como os campións masculino e feminino de cada categoría da modalidade.
Ós tres primeiros clasificados absolutos masculino e feminino, do Circuíto de Cpto Galego de Dúatlon de Estrada 2008.
Ós Campións/as Galegos/as de Tríatlon de Menores das categorías alevín, infantil e cadete.
Ós nominados a Mellor triatleta masculino e feminino 2008.
Ós nominados a Mellor promesa masculino e feminino 2008.
Ó Pentatleta Maculino 2008
Á Pentatleta Femina 2008.
Agradézovos a vosa colaboración na difusión do evento entre os vosos deportistas e achegados, para que un ano máis entre todos fagamos desta Gala un acto que lle dea o seu lugar ó Tríatlon Galego.

Un saúdo

Mónica Flores
Secretaria Xeral
Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno



P.D. O Clube necesita saber quen quere ir, para apuntarvos

1 comentario:

pesca dijo...

A mi se me pone mal pues trabajo asta las 3 y entre que llego no llegare antes de las 3:30 a si que no me voi apuntar.